Monday 06 de May de 2024

O Concello de Cambre asinou un convenio coa UDC para a realización de prácticas das estudantes da inef


O concelleiro de Deporte, Brais Cubeiro, estivo presentando o programa de Practicum do Concello de Cambre ás estudantes da facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
A oferta consiste en 7 prazas para adestramento deportivo, 2 para actividade física e saúde e 1 para xestión deportiva.

Ás estudantes que acepten realizar as prácticas no Concello de Cambre poderán realizar diferentes actuacións como a avaliación da condición física e prescribir exercicio orientado a saúde; promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos na poboación de idade escolar; planificar, desenvolver e controlar o proceso de adestramento nos seus distintos niveis ou elaborar programas para a dirección de entidades e instalacións deportivas, entre outras posibilidades.